As mestras de PT e AL do CEIP de PONTE SAMPAIO crean este espazo para traballar con actividades máis específicas para o seu alumnado.
venres, 26 de abril de 2024
Achegámonos ao Braille
mércores, 3 de abril de 2024
Día Mundial de Concienciación sobre o autismo
Ola blogueiros e blogueiras!
O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. Seguindo a Campaña deste ano baixo o lema "más cerca de lo que crees", dende o CEIP Ponte Sampaio quixemos aportar o noso pequeno gran a crear unha sociedade máis empática e solidaria, para iso fixemos nalgunhas aulas a dinámica "contoche un conto", visionado de curtametraxes e os nosos propios infinitos.
Grazas por estar ahí!!
Encontro Provincial con Enki!
Ola de novo!
Como xa sabedes o pasado 7 de marzo estivemos participando no Encontro Provincial de Deporte Adaptado con Enki. Unha experiencia do máis chula!!
Podedes ver a continuación unha pequena mostra dos deportes adaptados que puideron practicar o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
Celebración da Semana da Prensa e do 8 M
Ola blogueiros e bloqueiras!!
Este mes de marzo estivo cargado de actividades, entre elas a celebración da Semana da Prensa e do Día Internacional da Muller. Esta vez, seguindo coa linea do proxecto do centro, investigamos na prensa as noticias deportivas analizando que tipo de noticia, deportes, número de aparicións de deportistas masculinos e femininos, tamaño da noticia... atopando curiosas conclusións. Traballo que fomos completando no noso taboleiro especial de noticias.
Por outra banda, para celebrar o 8M e completar co traballo en prensa, propuxemos ao noso alumnado unha interesante proposta, unha investigación onde todo o cole se mergullou investigando as nosas deportistas e facendo unha exposición colaborativa entre todos os cursos de Ed.Infantil e Primaria do máis chula!!
A continuación, déixovos cun pequeno resumo de todo o que aquí vos conto.
Agardo que vos gustara e ata a próxima!!
venres, 1 de marzo de 2024
Recreos cheos de vida!
Ola blogueiras e bloqueiros!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das activdades de xaneiro e febreiro dos Recreos Cheos de Vida!! Agardamos que vos gusten!!
luns, 26 de febreiro de 2024
Deporte adaptado con Enki!
Dende aquí queremos darlles as grazas por acompañarnos e a enoraboa polo seu proxecto en Ocio e deporte inclusivo que están levando acabo!!
venres, 2 de febreiro de 2024
Celebración do Día da Paz! Non pises os meus dereitos!!
Ola blogueiros e blogueiras!!
O pasado martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. Comezamos coa lectura do manifesto, a continuación bailamos todos a Samba da Paz ó redor da Pomba Olimpica , e finalmente por aulas visitaron a exposición das investigacións realizadas creando o mural "Non pises os meus dereitos".
Baixo o lema "Non pises os meus dereitos" os nenos e nenas de Primaria estiveron facendo unhas pescudas moi interesantes!! Esta actividade, seguindo o proxecto de centro (Ponte Olimpiadas) consistiu en que cada curso estivo buscando sobre deportistas aos que vulneraron os seus dereitos: James Owens, Alice Coachman, Lilí Álvarez, Kathrine Switzer, Michael Jordan, Louise e Tidye Anne, Vinicius JR ou Caster Semenya.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos realizados:
Ata outra!!