martes, 26 de decembro de 2023

Felices Festas!!

 Ola blogueir@s!!

Nesta entrada, aproveitamos para dar por finalizado este primeiro trimestre, e con elo tamén as actividades de novembro e decembro dos nosos Recreos cheos de vida. Agardamos que vos gusten!!


Un biquiño enorme e desexarvos unhas Felices Festas!!


venres, 15 de decembro de 2023

O CEIP Ponte Sampaio coa Discapacidade

 Ola!!

Nesta ocasión, deixámosvos unha mostra das actividades que se fixeron para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade. O pasado venres 1 e luns 4 de decembro, puidemos levar a cabo un obradoiro para todo o centro coa colaboración de COCEMFE. Dende aquí queremos dar as grazas a especialmente a Marcia e os seus voluntarios, pola súa colaboración!!

A continuación poderedes ver un vídeo resumo, do cartel coa linguaxe inclusiva no deporte (relacionado co proxecto deste curso: As Olímpiadas) e dos obradoiros levados a cabo por COCEMFE:


Tamén vos deixamos aquí a noticia nos medios por se queredes botarlle unha ollada!






mércores, 13 de decembro de 2023

Cine inclusivo no CEIP Ponte Sampaio

Ola  de nlovo!

Tal é como vos anticipábamos co motivo de arrancar motores para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade, o 30 de novembro, tivemos unha sesión de cine inclusivo, na que todos e todas os nenos e nenas do cole participaron nas diferentes salas. Dende aquí queremos darlles as grazas a todas as nosas colaboradoras do club de manualidades, arte e lettering pola ralización dos carteis!

Aquí vos deixamos un breve resumo do traballo:



Agardamos que vos guste!!