Ola blogueiros e blogueiras!!
O pasado martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. Comezamos coa lectura do manifesto, a continuación bailamos todos a Samba da Paz ó redor da Pomba Olimpica , e finalmente por aulas visitaron a exposición das investigacións realizadas creando o mural "Non pises os meus dereitos".
Baixo o lema "Non pises os meus dereitos" os nenos e nenas de Primaria estiveron facendo unhas pescudas moi interesantes!! Esta actividade, seguindo o proxecto de centro (Ponte Olimpiadas) consistiu en que cada curso estivo buscando sobre deportistas aos que vulneraron os seus dereitos: James Owens, Alice Coachman, Lilí Álvarez, Kathrine Switzer, Michael Jordan, Louise e Tidye Anne, Vinicius JR ou Caster Semenya.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos realizados:
Ata outra!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario