martes, 26 de decembro de 2023

Felices Festas!!

 Ola blogueir@s!!

Nesta entrada, aproveitamos para dar por finalizado este primeiro trimestre, e con elo tamén as actividades de novembro e decembro dos nosos Recreos cheos de vida. Agardamos que vos gusten!!


Un biquiño enorme e desexarvos unhas Felices Festas!!


venres, 15 de decembro de 2023

O CEIP Ponte Sampaio coa Discapacidade

 Ola!!

Nesta ocasión, deixámosvos unha mostra das actividades que se fixeron para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade. O pasado venres 1 e luns 4 de decembro, puidemos levar a cabo un obradoiro para todo o centro coa colaboración de COCEMFE. Dende aquí queremos dar as grazas a especialmente a Marcia e os seus voluntarios, pola súa colaboración!!

A continuación poderedes ver un vídeo resumo, do cartel coa linguaxe inclusiva no deporte (relacionado co proxecto deste curso: As Olímpiadas) e dos obradoiros levados a cabo por COCEMFE:


Tamén vos deixamos aquí a noticia nos medios por se queredes botarlle unha ollada!






mércores, 13 de decembro de 2023

Cine inclusivo no CEIP Ponte Sampaio

Ola  de nlovo!

Tal é como vos anticipábamos co motivo de arrancar motores para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade, o 30 de novembro, tivemos unha sesión de cine inclusivo, na que todos e todas os nenos e nenas do cole participaron nas diferentes salas. Dende aquí queremos darlles as grazas a todas as nosas colaboradoras do club de manualidades, arte e lettering pola ralización dos carteis!

Aquí vos deixamos un breve resumo do traballo:



Agardamos que vos guste!!

mércores, 29 de novembro de 2023

Cartelera inclusiva

 Ola a tod@s

Co motivo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade (3 de decembro) queremos propoñervos unha cartelera de cine un tanto especial!! Agardamos que vos guste!!


Animádevos e deixade os vosos comentarios!!





luns, 27 de novembro de 2023

Que non nos quiten o sonriso!

Como estades blogueiros e bloqueiras?

Tal e como vos anticipabamos na anterior entrada, con motivo do 25 N, estivemos traballando o conto de Pepuka y el moutro que se llevó su sonrisa. Nesta ocasión as voluntarias e voluntarios da biblio leron o conto aos seus compañeiros e compañeiras e posteriormente se traballaron de diferentes maneiras nas clases para finalmente baixo o lema Que non nos quiten o sonriso, facer unha recollida de sorisos para volverlle o soriso a todas as Pepukas, porque como nos ensinaron no conto o máis importante é querernos primeiro a nós mesmas e mesmos!!


                             



xoves, 23 de novembro de 2023

PEPUKA y el monstruo que se llevó su sonrisa

Ola a tod@s

Nesta ocasión falaremos dun conto co cal celebraremos o 25 N, Pepuka y el moustruo que se llevó su sonrisa. Un conto co cal vos invitamos a disfrutar e a reflexionar. Se pinchades na imaxe teredes máis información  do movemento Pepuka. Agardamos que vos guste!!



mércores, 1 de novembro de 2023

Comezamos cos RECREOS CHEOS DE VIDA!!

 OLA!!

Durante o mes de outubro estreamos os RECREOS CHEOS DE VIDA cos clubs renovados e con moita ilusión. Nesta ocasión, contamos co club de maxia, axedrez, baile, xogos e MAL (Manualidades, arte e lettering)😉

As voluntarias e voluntarios dos obradoiros sorprenderónnos con varias novidades: carnés de maga, xogos musicais, torneo de axedrez, fusión de manualidades, lettering e arte...

Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos Recreos Cheos de Vida.  Agardamos que o desfrutedes!! 



Grazas pola vosa implicación e participación!!

luns, 16 de outubro de 2023

 Ola a tod@s!!

Con moita ilusión comezamos un novo curso e como non, tras a petición dos e das protagonistas principais unha nova edicción dos nosos RECREOS CHEOS DE VIDA!!!

Comezamos este mes de outubro a presentar os nosos novos clubs e obradoiros. 

 Arrancamos!!!

 Unídevos e deixade os vosos comentarios.

Ata pronto!

 


venres, 30 de xuño de 2023

Fin de curso en Recreos cheos de vida!

Boas blogueiros e blogueiras!!

Unha entrada máis dedicada a todas as persoas que participastes nos Recreos Cheos de Vida!! Simplemente GRAZAS  a todas as voluntarias e voluntarios que o fixestes posible!!

Agardamos que teñades un feliz verán e que carguedes as pilas de cara o vindeiro curso para achegarnos toda a vosa enerxía con novas propostas!!

Aquí vos deixamos unha mostra das últimas actividades do mes de maio e xuño. Tamén, como non, do Club de lectura de xuño, tan especial!!



luns, 29 de maio de 2023

Club de Lectura do mes de maio

Ola blogueir@s! 

Este xoves pasado, tivemos a nosa xuntanza do club de lectura. Onde mentras tomamos a merenda, nos reunimos para falar do noso libro, recomendalo e ler un pouquiño para meter o gusaniño ao resto das persoas participantes.
Grazas a todas por participar!! 
Animádevos a continuar na gran aventura que é a lectura!!

luns, 22 de maio de 2023

Espectáculo de maxia!

Ola blogueir@s!! O pasado xoves, 18 de maio, durante o recreo, tivemos unha demostración de diferentes trucos de maxia que ofreceron Diego (o coordinador do taller de maxia nos Recreos cheos de vida) e as súas magas. Moitas grazas, polos vosos trucos!!!

martes, 2 de maio de 2023

Actividades do mes de abril

A continuación tedes unha breve mostra das actividades que se levaron a cabo durante este mes nos nosos recreos CHEOS DE VIDA!!

 Agardo que vos guste!!



Grazas a tod@s!!


venres, 7 de abril de 2023

Máis novidades!!

 Nesta ocasión tamén temos que comentarnos o noso GRAN ESTRENO!!. O CLUB DE LECTURA. Este comezou sendo un club, onde tod@s líamos o mesmo libro:





Pero tras a primeira xuntanza, despois de falalo, acordamos que o club de lectura sería un espazo para compartir os libros que cada un estivera lendo, para logo recomendar e falar sobre eles...E este foi o resultado:




Agardamósvos no seguinte!!!





xoves, 6 de abril de 2023

Continuamos cos recreos cheos de vida!!

Ola! Como estades?

Continuamos cos recreos cheos de vida!! Aquí tedes unha pequeniña mostra das actividades dos meses de febreiro e marzo. Agardo que vos guste!!!



Dende aquí quero darvos as grazas a todos e a todas pola vosa participación e implicación!!
Grazas por enchernos os recreos de vidilla!!

QUE OS DISFRUTEDES!!



martes, 7 de febreiro de 2023

Recreos cheos de vida

Boas!!

Nesta ocasión quero presentarvos os nosos recreos CHEOS DE VIDA!! 

Unha iniciativa que iniciaron alumn@s de 6º e que se foi ampliando ao longo destes meses.

En que consiste??

A través de propostas de actividades que eles e elas fan para facer os recreos máis personalizados respondendo aos seus intereses. Comezamos con maxia e o club de estudio, foron incorporándose manualidades e lettering e as últimas propostas baile e o club de lectura!!

Déixovos a continuación unha pequena mostra dos nosos RECREOS CHEOS DE VIDA!! 

Agardo que vos guste!!

 

venres, 20 de xaneiro de 2023

Xogos de mecanografía!

Animádevos a escribir ben e rápido no ordenador a través da correcta posición dos dedos!! Aquí podedes atopar varios cursos e xogos de mecanografía!! Cantas pulsacións por minuto (PPM) es capaz de facer??