Ola blogueiros e blogueiras,
Aquí estamos de novo, nesta ocasión para contarvos que o pasado venres 17 de abril, o alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio, participou no obradoiro Conta con nós, que leva a cabo Cruz Roja.
As mestras de PT e AL do CEIP de PONTE SAMPAIO crean este espazo para comentar e proporcionarvos diferentes actividades que se están levando a cabo, así como recursos para traballar de xeito específico co alumnado.
Ola blogueiros e blogueiras,
Aquí estamos de novo, nesta ocasión para contarvos que o pasado venres 17 de abril, o alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio, participou no obradoiro Conta con nós, que leva a cabo Cruz Roja.
Boas blogueiros e blogueiras!
Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria recibiron unha formación adicada a xestión positiva da convivencia, impartida por Jeniffer Herbón.
O primeiro bloque foi Empatía e Escoita Activa para o alumnado de 3º e 4º e o segundo Comunicación Asertiva para o alumnado de 4º e 5º. Durante as sesións combináronse diferentes xogos e dinámicas nas que o alumnado puido participar activamente.
Blogueiros e blogueiras, aquí estamos de novo!!
Contarvos como xa sabedes que o pasado 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación do Autismo, ao que o CEIP de Ponte Sampaio nos unimos facendo diferentes propostas ao longo desta semana: lectura de contos ou visionado de curtas sobre a temática, canción El viaje de Víctor coa súa proposta de actividades...
Aquí vos deixamos a canción:
Tamén podedes ver a guía que acompaña a canción, elaborada por CEFIRE Específico de Educación Inclusiva da Comunidade Valenciana aquí.
A continuación tedes algunhas propostas por se queredes