Nesta nova entrada, informámosvos dunha actividade que se estivo desenvolvendo ao longo das pasadas semanas do mes de abril. No CEIP Ponte Sampaio, puidemos contar con material en préstamo da ONCE e complementándoo con material que se tiña e se elaborou no cole fixemos unha pequena exposición sobre o Braille.
Para profundizar máis sobre a actividade, ademais de visitar a exposición (onde se poderían atopar diferente información sobre este método de comunicación, coñecer a Braillín, a máquina Perkins e outros materiais adaptados que as persoas con discapacidade visual necesitan), fixemos un achegamento a través de contos como Sofía la golondrina ou El hombre más valiente del mundo e diferentes dinámicas para coñecer o alfabeto braille (recoñecer o seu nome escrito en braille coa axuda do alfabeto, para os máis pequeniños ou escribir apoiándose no alfabeto braille diferentes deportes que se lle daban nunha plantilla e logo intentar recoñecelos).
Con esta iniciativa agardamos poder contribuír a unha sociedade máis empática, onde todos e todas somos especiais e contamos con diferentes recursos que nos poden axudar a cada unha de nós dun xeito ou outro, respetando e valorando as nosas diferenzas.
Grazas a todos e todas por participar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario