Boas blogueiras e blogueiros!!
Esta semana co motivo do 25N estivemos facendo diferentes accións para concienciación sobre a importancia da eliminación da violencia de xénero. Para iso todo o alumnado, especialmente o de Ed. Infantil, participou na creación da pancarta deste día, a cal leva por título: "Da prehistoria ao presente a violencia de xénero non ten lugar en ningún tempo".
O luns 25 de novemebro, todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, participou nun obradoiro no que se abordaron os estereotipos ou mitos entre homes e mulleres, as desigualdades... que impartiron Marta e Fabi (de Cruz Vermella), as cales agradecemos a súa presenza e colaboración!!
Tamén destacar que ao longo da semana na hora de lectura o alumnado de 6º, que previamente estivo elaborando diferentes traballos sobre o 25N, foi expoñelos as diferentes aulas de infantil e primaria. Aquí tedes podedes ver o ben que o fixeron.
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración e participación!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario