martes, 7 de xullo de 2026

Despedida dos Recreos Cheos de Vida

 Ola blogueiros e blogueiras,

Rematamos un curso e con el os nosos obradoiros e clubs dos Recreos Cheos de vida, deixamos a continuación unha pequena mostra do mesmo:

Desexarvos que recarguedes pilas e desfrutedes do verán!!


ATA PRONTO!!

mércores, 1 de xullo de 2026

Mulleres 8 M

 Ola blogueiros e blogueiras

Non queríamos pechar este curso sen ensinarvos o traballo final sobre as Mulleres de Pontevedra, que realizaron para o 8 M.  

Aquí podedes ver a ficha técnica, a información e a gravación que fixo o alumnado sobre elas. 

Agardamos que vos guste!!



II FEIRA STEAM: Explosión de creatividade.

Ola de novo!                                       

Nesta ocasión, queremos contarvos que o pasado luns 15 de xuño, o noso cole converteuse nun museo no que se expuxeron os diferente traballos realizados polo alumnado ao longo de todo o curso, no marco do proxecto anual de centro “Ponte coas artes” abrindo as portas ás familias, convidándoas a II Feira STEAM: Explosión de creatividade.

                                 

                          

O alumando, en equipos mixtos de diferentes idades rotou por todos os obradoiros, por quendas, ensinándolles as familias diferentes técnicas artísticas e tecnoloxías que se usaron para plasmar a arte doutro xeito diferente.

                                    

Algúns dos obradoiros como CalmArte  puideron experimentar a tranquilidade, calma e relaxación a través de diferentes técnicas, modelar con barro, utilizar diferentes elementos partindo do collage, pintar ao ritmo da música cos pés e coas mans, facer a técnica do garabato, utilizar a técnica de Yayoi, facer pequenos circuítos con plastilina condutora, reconstruír con bloques de construción verdadeiras obras de arte... En definitiva, a arte na súa máxima expresión, canalizando sentimentos emocións e creatividade nunha xornada onde escola e familia puidemos compartir!

Podedes ver aquí este día tan chulo!


martes, 30 de xuño de 2026

Festa Country

Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 25 de maio, tivemos a nosa Festa Country. O alumnado de 5º e 6º preparou a merenda, outros deron un concerto para abrir o acto e finalmente todos xuntos bailamos a canción que estivemos ensaiando. Xa para rematar, tomamos a merenda preparada coa axuda do alumnado e a colaboración dalgunhas familias. 

Unha xornada de convivencia do mais animada!

Grazas pola vosa participación!


luns, 18 de maio de 2026

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO CON COCEMFE: PAUTAS PARA A MELLORA DA CONDUTA.

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado martes, 13 de maio tivemos unha formación presencial no CEIP de Ponte Sampaio para o profesorado. Nesta ocasión, a temática a abordar era Pautas para a mellora da conduta, impartida por Marcia de COCEMFE.

Unha formación na que o profesorado tamén puidemos vivenciar diferentes dinámicas para a posta en marcha co noso alumnado.




Grazas pola colaboración!!!




martes, 5 de maio de 2026

Día Mundial Contra o Acoso Escolar

 Ola de novo,

Despois dun pequeno respiro, achegamos unhas propostas, que dende o CEIP de Ponte Sampaio se levarán a cabo para traballar o Día Mundial contra o Acoso Escolar. 

Nesta ocasión a nosa proposta xira en torno a un conto:


Ou tamén o tedes dispoñible en vídeo:

Aquí vos deixamos a proposta didáctica. 



Tamén neste enlace tedes máis recursos sobre esta temática.


TODOS E TODAS CONTRA O ACOSO ESCOLAR!!




mércores, 29 de abril de 2026

OBRADOIRO DE CESTERÍA: Outra técnica de ARTE!

 Ola blogueiros e blogueiras,

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, grazas á colaboración de María, unha das nosas mamás, fixemos unha nova técnica dentro do noso proxecto de ARTE. Esta vez cestería!!

A continuación podedes ver os cestiños máis chulos que elaboraron as nosas rapazas:



GRAZAS A TODAS!!





luns, 20 de abril de 2026

OBRADOIRO CONTA CON NÓS co alumnado de 5º

 Ola blogueiros e blogueiras,

Aquí estamos de novo, nesta ocasión para contarvos que o pasado venres 17 de abril, o alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio, participou no obradoiro Conta con nós, que leva a cabo Cruz Roja.


A través de diferentes vídeos, exemplos e diferentes dinámicas falamos de emocións como a vergoña ou a ansiedade, a escoita activa e a empatía... e a aplicación de diferentes estratexias como é a respiración para canalizar e autoregularnos mellor... no que o alumnado puido participar de xeito espontaneo e poñendo diferentes vivencias e experiencias propias.

Miguel e María levaron a cabo o obradoiro, aos cales queremos darlles as grazas por todo o traballo realizado!!

Ata a próxima!


luns, 13 de abril de 2026

OBRADOIRO DE EMPATÍA E ESCOITA ACTIVA - COMUNICACIÓN ASERTIVA con Jeniffer Herbón

 Boas blogueiros e blogueiras!

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, o alumnado de 3º, 4º  e 5º de Ed. Primaria recibiron unha formación adicada a xestión positiva da convivencia, impartida por Jeniffer Herbón.

O primeiro bloque foi Empatía e Escoita Activa para o alumnado de 3º e 4º e o segundo Comunicación Asertiva para o alumnado de 4º e 5º. Durante as sesións combináronse diferentes xogos e dinámicas nas que o alumnado puido participar activamente.



Grazas pola vosa participación!


mércores, 8 de abril de 2026

Día Mundial de Concienciación do Autismo

Blogueiros e blogueiras,  aquí estamos de novo!!

Contarvos como xa sabedes que o pasado 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación do Autismo, ao que o CEIP de Ponte Sampaio nos unimos facendo diferentes propostas ao longo desta semana: lectura de contos ou visionado de curtas sobre a temática, canción El viaje de Víctor coa súa proposta de actividades... 


Aquí vos deixamos a canción:







Tamén podedes ver a guía que acompaña a canción, elaborada por CEFIRE Específico de Educación Inclusiva da Comunidade Valenciana aquí.


A continuación tedes algunhas propostas por se queredes 




Ata a próxima!!


venres, 27 de marzo de 2026

Despedimos o trimestre co Easter Fun!

 Ola!

Hoxe, 27 de marzo despedimos o trimestre por todo o alto!! A teacher e a auxiliar de conversa prepararon un xogo de pistas en inglés, onde cada grupo (de diferentes cursos) tiñan que ir conseguindo recompilar todas as pistas ata dar coa resposta da mesma. Ao finalizar, fixéronse entrega de ovos de chocolate que degustamos con moito gusto!!

Un día onde compartir e cooperar!

Felices vacacións!!

ROTEIRO ARTÍSTICO PONTE SAMPAIO - ARCADE!

 Boas blogueiros e blogueiras!

Este xoves tivemos unha andaina especial. Retomando o roteiro artístico que estaba preparado para o Día da Paz e da carreira solidaria con Save the children, que se tivo que suspender por condicións metereolóxicas, desta volta puidemos facelo.

Primeiro o alumando de 6º fixo a ruta para prepar o despazamento e a presentación da andaina, xa que eles e elas foron as guías turísticas deste roteiro.

Unha vez en marcha, facendo as paradas correspondentes, chegamos ao Peirao de Arcade, onde ademais de merendar e xogar fixemos as nosas creacións artísticas con elementos da propia natureza (paus, pedras, madeiras, flores, area...) todo vale para poñerlle un toque artístico!

Durante esta andaina tamén nos acompañaron algunhas familias, as que queremos agradecerlles a súa participación e colaboración neste día tan especial, onde todos e todas compartimos dunha xornada de convivencia coñecendo a arte da nosa contorna!


Gracias a tod@s!!


Celebración do Día da árbore!

 Ola!

Co motivo da celebración do Día da árbore, o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio, tivo unha xornada do mais entretida. O alumnado desprazouse ata o monte do Rañadoiro e unha vez chegados alí por grupos e/ou individual cada un plantou unha árbore a cal lle puxo o seu nome. A continuación, puideron manexar a boquilla da mangueira da carroceta dos bombeiros. Logo tomamos a merenda todos xuntos e para finalizar fomos ata o banco rosa (un mirador natural) cunhas vistas espectaculares!



Un día moi chulo para desfrutar tod@s xunt@s!!


Celebramos o Saint Patrick's day!!

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 18 de marzo celebramos no CEIP de Ponte Sampaio o Saint Patrick´s day, organizado pola nosa teacher en colaboración coa auxiliar de conversa. Puidemos ter unha xornada de convivencia do máis animada. Ademais de vir con algo verde fixemos un baile onde todos e todas intentamos facer o baile previsto e sobre todo pasalo ben!!



luns, 9 de marzo de 2026

Día internacional da MULLER: 8 M

 

Este domingo, 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. O CEIP de Ponte Sampaio con este motivo comezamos esta semana con varias actividades baseándonos na web do gris ao violeta. 

A partir das biografías do mural 8M do corredor, poñeremos ao alumando a investigar sobre diferentes mulleres de Pontevedra: Mercedes Ruibal, Dolores Calviño, Dolores Trabada, Chicharra Patiño, Cándida Otero, Isabel Barreto e Mª Victoria Moreno. Logo terán que cubrir a ficha técnica de cada unha delas.

Outra das propostas é que sexan deseñadoras e deseñadores de moda onde propoñen o seu modelo de roupa feminina do 2026. Para iso poden inspirarse na carteleira da evolución da moda feminina dos anos 20 ata o 2000 que está no corredor das escaleiras.

Ata a próxima!


OBRADOIRO para as familias: A forza da risa!

 Ola a tod@s!


O pasado mércores, no CEIP de Ponte Sampaio puidemos contar con Baia Fernández, grazas a colaboración coa ANPA. Nesta ocasión con outros destinatarios: as familias.

O obradoiro tiña por título A forza da risa: saúde, conexión e benestar. Unha charla obradoiro onde puidemos conectar co noso interior e ver os grandes beneficios que ten a risa e o noso benestar.

Ademais para facilitar a conciliación familiar levouse a cabo unha sesión de cine organizada polo alumnado de 6º. 



Grazas a todas as familias por participar!

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: O espello de Claude!

 Ola de novo blogueiros e blogueiras!!

Nesta ocasión @s nos@s protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio.

O pasado martes, comezaron o laboratorio de Fotografía "O espello de Claude" con Fuco Reyes, dentro das actividades de AFundación. Esta actividade conta con 5 sesións no propio cole e ten como obxectivo explorar desde a fotografía aspectos clave na etapa da adolescencia como construcción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación.


Este é un pequeno anticipo! Xa vos vamos contando os nosos resultados!

Ata a próxima!


venres, 27 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DAS EMOCIÓNS CON Baia!

 Ola!

Continuamos cos obradoiros sobre as emocións, que estamos a realizar con Baia Fernández. Nesta ocasión comezamos co alumnado de Ed. Infantil de Ponte Samapaio. Para iso fixeron varias dinámicas nas que puidemos experimentar a través da música e da expresión artística diferentes emocións:



Logo continuamos coas sesións do alumnado de 1º e 2º que puido coñecer unha nova emoción; a rabia, cerrando así o bloque de emocións amigas.



Grazas a tod@s!


OBRADOIRO DE GALLETAS

 Ola de novo blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión, quermos contarvos o novo obradoiro que fixemos na aula de PT co alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio. A idea partiu dunha receita proporcionada por unhas alumnas do 6º curso, a compra realizarona un alumno e unha alumna deste mesmo curso e finalmente puxémola en marcha para dar a probar esas galletas ao resto dos compañeiros e compañeiras. 

A partir deste tipo de actividades podemos traballar moitas cousas e dun xeito mais competencial (texto instructivo e as súas características, cantidades, unidades de medida, competencias para a vida cotía: manexo do diñeiro, ir a compra, seguir instruccións, elaboración da receita, manexo dos utensilios de cociña ...) e ao mesmo tempo é unha fantástica ocasión para aprender!

Grazas pola vosa proposta!