Ola de novo!
Para iso, nesta ocasión as nosas locutoras de radio do CEIP de Ponte Sampaio deu a nova:
Esta
semana do 4 ao 10 de outubro, celebrouse a Semana Mundial do Espazo!
Un evento promovido pola ONU para destacar os beneficios da ciencia e da tecnoloxía espacial.
No que se pretende e destacar dous eventos importantes:
- O lanzamento do Sputnik 1, o 4 de outubro de 1957. Considerado o primeiro satélite artificial da Terra, o seu lanzamento abriu unha nova etapa na exploración do espacio.
- E a entrada en vigor do Tratado do Espacio Ultraterrestre. Sobre os principios que deben rexer as actividades dos Estados na exploración e utilización do espacio, incluída a Lúa e outros corpos celestes.
O lema oficial
deste ano (2026) é “Rocket Revolution” (A revolución dos cohetes), enfocado na
nova tecnoloxía de cohetes reutilizables, o crecemento das empresas privadas de
lanzamento e a participación de máis países na actividade espacial, reflexionando
sobre se no futuro as viaxes espaciais poderían ser máis accesibles para a
poboación xeral.
Ademais as nosas locutoras fixeron unha proposta para que o alumnado participase na seguinte cuestión:
Credes que nun
futuro calquera persoa podería viaxar ao espacio? Ou pola contra, pensades que
non debería ser así?
Quedando pendente para que no próximo programa de radio nos informen do que opinan.
Grazas rapazas!
Agardando que teñades unha feliz ponte!

