venres, 27 de marzo de 2026

Despedimos o trimestre co Easter Fun!

 Ola!

Hoxe, 27 de marzo despedimos o trimestre por todo o alto!! A teacher e a auxiliar de conversa prepararon un xogo de pistas en inglés, onde cada grupo (de diferentes cursos) tiñan que ir conseguindo recompilar todas as pistas ata dar coa resposta da mesma. Ao finalizar, fixéronse entrega de ovos de chocolate que degustamos con moito gusto!!

Un día onde compartir e cooperar!

Felices vacacións!!

ROTEIRO ARTÍSTICO PONTE SAMPAIO - ARCADE!

 Boas blogueiros e blogueiras!

Este xoves tivemos unha andaina especial. Retomando o roteiro artístico que estaba preparado para o Día da Paz e da carreira solidaria con Save the children, que se tivo que suspender por condicións metereolóxicas, desta volta puidemos facelo.

Primeiro o alumando de 6º fixo a ruta para prepar o despazamento e a presentación da andaina, xa que eles e elas foron as guías turísticas deste roteiro.

Unha vez en marcha, facendo as paradas correspondentes, chegamos ao Peirao de Arcade, onde ademais de merendar e xogar fixemos as nosas creacións artísticas con elementos da propia natureza (paus, pedras, madeiras, flores, area...) todo vale para poñerlle un toque artístico!

Durante esta andaina tamén nos acompañaron algunhas familias, as que queremos agradecerlles a súa participación e colaboración neste día tan especial, onde todos e todas compartimos dunha xornada de convivencia coñecendo a arte da nosa contorna!


Gracias a tod@s!!


Celebración do Día da árbore!

 Ola!

Co motivo da celebración do Día da árbore, o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio, tivo unha xornada do mais entretida. O alumnado desprazouse ata o monte do Rañadoiro e unha vez chegados alí por grupos e/ou individual cada un plantou unha árbore a cal lle puxo o seu nome. A continuación, puideron manexar a boquilla da mangueira da carroceta dos bombeiros. Logo tomamos a merenda todos xuntos e para finalizar fomos ata o banco rosa (un mirador natural) cunhas vistas espectaculares!



Un día moi chulo para desfrutar tod@s xunt@s!!


Celebramos o Saint Patrick's day!!

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 18 de marzo celebramos no CEIP de Ponte Sampaio o Saint Patrick´s day, organizado pola nosa teacher en colaboración coa auxiliar de conversa. Puidemos ter unha xornada de convivencia do máis animada. Ademais de vir con algo verde fixemos un baile onde todos e todas intentamos facer o baile previsto e sobre todo pasalo ben!!



luns, 9 de marzo de 2026

Día internacional da MULLER: 8 M

 

Este domingo, 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. O CEIP de Ponte Sampaio con este motivo comezamos esta semana con varias actividades baseándonos na web do gris ao violeta. 

A partir das biografías do mural 8M do corredor, poñeremos ao alumando a investigar sobre diferentes mulleres de Pontevedra: Mercedes Ruibal, Dolores Calviño, Dolores Trabada, Chicharra Patiño, Cándida Otero, Isabel Barreto e Mª Victoria Moreno. Logo terán que cubrir a ficha técnica de cada unha delas.

Outra das propostas é que sexan deseñadoras e deseñadores de moda onde propoñen o seu modelo de roupa feminina do 2026. Para iso poden inspirarse na carteleira da evolución da moda feminina dos anos 20 ata o 2000 que está no corredor das escaleiras.

Ata a próxima!


OBRADOIRO para as familias: A forza da risa!

 Ola a tod@s!


O pasado mércores, no CEIP de Ponte Sampaio puidemos contar con Baia Fernández, grazas a colaboración coa ANPA. Nesta ocasión con outros destinatarios: as familias.

O obradoiro tiña por título A forza da risa: saúde, conexión e benestar. Unha charla obradoiro onde puidemos conectar co noso interior e ver os grandes beneficios que ten a risa e o noso benestar.

Ademais para facilitar a conciliación familiar levouse a cabo unha sesión de cine organizada polo alumnado de 6º. 



Grazas a todas as familias por participar!

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: O espello de Claude!

 Ola de novo blogueiros e blogueiras!!

Nesta ocasión @s nos@s protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio.

O pasado martes, comezaron o laboratorio de Fotografía "O espello de Claude" con Fuco Reyes, dentro das actividades de AFundación. Esta actividade conta con 5 sesións no propio cole e ten como obxectivo explorar desde a fotografía aspectos clave na etapa da adolescencia como construcción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación.


Este é un pequeno anticipo! Xa vos vamos contando os nosos resultados!

Ata a próxima!