Boas blogueiros e blogueiras!
Este xoves tivemos unha andaina especial. Retomando o roteiro artístico que estaba preparado para o Día da Paz e da carreira solidaria con Save the children, que se tivo que suspender por condicións metereolóxicas, desta volta puidemos facelo.
Primeiro o alumando de 6º fixo a ruta para prepar o despazamento e a presentación da andaina, xa que eles e elas foron as guías turísticas deste roteiro.
Unha vez en marcha, facendo as paradas correspondentes, chegamos ao Peirao de Arcade, onde ademais de merendar e xogar fixemos as nosas creacións artísticas con elementos da propia natureza (paus, pedras, madeiras, flores, area...) todo vale para poñerlle un toque artístico!Durante esta andaina tamén nos acompañaron algunhas familias, as que queremos agradecerlles a súa participación e colaboración neste día tan especial, onde todos e todas compartimos dunha xornada de convivencia coñecendo a arte da nosa contorna!
Gracias a tod@s!!









Ningún comentario:
Publicar un comentario