Ola de novo!
Nesta ocasión, queremos contarvos que o pasado luns 15 de xuño, o noso cole converteuse nun museo no que se expuxeron os diferente traballos realizados polo alumnado ao longo de todo o curso, no marco do proxecto anual de centro “Ponte coas artes” abrindo as portas ás familias, convidándoas a II Feira STEAM: Explosión de creatividade.
O alumando, en equipos mixtos de diferentes idades rotou por todos os obradoiros, por quendas, ensinándolles as familias diferentes técnicas artísticas e tecnoloxías que se usaron para plasmar a arte doutro xeito diferente.
Algúns dos obradoiros como CalmArte puideron experimentar a tranquilidade, calma e relaxación a través de diferentes técnicas, modelar con barro, utilizar diferentes elementos partindo do collage, pintar ao ritmo da música cos pés e coas mans, facer a técnica do garabato, utilizar a técnica de Yayoi, facer pequenos circuítos con plastilina condutora, reconstruír con bloques de construción verdadeiras obras de arte... En definitiva, a arte na súa máxima expresión, canalizando sentimentos emocións e creatividade nunha xornada onde escola e familia puidemos compartir!
Podedes ver aquí este día tan chulo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario