martes, 3 de febreiro de 2026

Celebración Día da Paz

Ola blogueiros e blogueiras,

Durante a semana pasada, no CEIP de Ponte Sampaio, estivemos traballando máis a fondo aspectos relacionados coa celebración do Día Internacional da Paz e non violencia. Para iso fixéronse diferentes actividades: preparación dun stand con propostas da biblioteca para ler; decoración dos corredores; preparación do mural; lecturas comprensivas sobre a solidaridade, tolerancia... así como xogos propostos dende o o equipo TIC.



Estaba tamén preparada unha Andaina Artística e Solidaria pero por condicións climáticas non puidemos facela, queda pendente de fixar data. 

O que si puidemos celebrar o venres, 30 de xaneiro, un ano máis un guiño a unha convivencia pacífica. Para iso, o alumnado de 6º fixo a apertura do acto, lendo un manifesto. Continuamos cantando e bailando a canción elexida (Heal the world - de Michael Jackson). Así mesmo, tamén se fixo a recaudación solidaria a favor de Save the Children destinado aos programas de educación e nutrición desta asociación. GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COLABORAR!!

                  

Así mesmo, aproveitamos para que o noso mural tivera unha técnica artística, nesta ocasión baseada na técnica mosaico de Xulio Ferreiro, aquí podedes ver unha noticia onde vos fala deste artista. E nesta ocasión fixemos unha especial mención para María Corina Machado, galardoada polo premio da Paz 2025.

Tedes máis información no noso instangram do cole.

Grazas a todos e a todas por participar!







mércores, 21 de xaneiro de 2026

Xornada Conta con Nós co alumnado de 4º de Primaria.

 Ola blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión comentarvos que hoxe continuamos cos obradoiros no programa Conta con Nós, que leva a cabo Cruz Roja coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Este programa ten como finalidade promover a sensibilización e a prevención relacionadas con esta cuestión para fortalecer e manter o benestar emocional saudable.

O obradoiro foi levado a cabo por Nico, Juan Carlos e Miguel os cales estiveron co alumnado de 4º curso de Ed. Primaria, onde a través de diferentes dinámicas falaron da importancia das emocións e de técnicas para poder xestionalas, a través do "botón de pausa", "a respiración profunda"ou un "paso atrás".


Tivemos partes expositivas onde o alumnado puido intervir e participar en difernetes momentos e espazos.


Puidemos ver algunhas curtas moi emocionantes como a presentación das emocións ou da capacidade que temos para contaxiar as propias emocións (aquí podedes ver como se contaxia a risa).



Comentaron as diferentes estratexias como pararnos a pensar en como estamos manifestando esa emoción e como utilizar o semáforo das emocións para baixar a intensidade da mesma.



Probamos a relaxarnos a través da respiración profunda.









E probamos o cuencos tibetanos!!


Moitas grazas por vir!!

martes, 23 de decembro de 2025

Arranque dos Recreos cheos de Vida curso 25/26

 Ola a todos e todas,

Como ven sabedes un curso mais, no CEIP de Ponte Sampaio comezan os nosos Recreos Cheos de Vida.  Neste curso mantendo como sabedes algúns obradoiros como son: baile, manualidades, pintura, scratch, club de lectura... e introducíndose outros como foron teatro e Cloxnukz.

A continuación vos deixamos unha mostra do que fixeron, neste 1º trimestre, nos diferentes obradoiros:

Graciñas a todos e todas por participar, ter tan boas iniciativas e sobre todo por vir a pasalo ben!!

Ata a próxima!

luns, 22 de decembro de 2025

Programa Conta con Nós!

Ola de novo,

Máis novidades que vos queremos contar...

Este curso o CEIP de Ponte Sampaio tamén participamos no programa Conta con Nós, que leva a cabo Cruz Roja coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Este programa ten como finalidade promover a sensibilización e a prevención relacionadas con esta cuestión para fortalecer e manter o benestar emocional saudable.



O pasado 5 de novembro participamos nunha xornada sobre este mesmo programa, nas cales ademais de aportarnos diferentes estratexias e enfoque sobre o benestar emocional da infancia e da adolescencia, tamén tivemos unha demostración con cans de terapia de IncrescenTO.



Ademais da formación para o profesorado tamén comezamos cos primeiros obradoiros co noso alumnado.

                                  

O pasado 16 de decembro, Lucía e María de Cruz Roja estiveron co alumando de 6º de Ed, Primaria facendo un obradoiro onde se presentaron as diferentes emocións, nos deron diferentes estratexias para poder poñelas en práctica e tamén recordarnos da importancia de validar a todas elas.












Grazas por vir!

 

 


Obradoiro Xestionando emocións

 


Ola a todos e a todas!

Compartir con vos o 1º Obradoiro deste curso para familias e profesorado. 
Nesta ocasión foi o pasado xoves 4 de decembro, impartido por Baia Fernández de la Torre e baixo o lema Xestionando emocións. Un obradoiro moi interesante no que puidemos compartir, sentirnos partícipes e sobre todo conectando coas emocións propias e dos demais. 

Grazas a todas as familias por participar!! 




domingo, 21 de decembro de 2025

Celebramos o 3 de decembro, Día da Discapaciade!

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 3 de decembro o CEIP de Ponte Sampaio uníuse ao Día Internacional das persoas con  Discapacidade,  para iso quixemos que a ARTE e ARTISTAS estiveran presentes neste día, relacionándoo co noso proxecto deste curso "Ponte con Arte".

Para comezar abrimos coa exposición de "Artistas de boca-pie" e "Artistas diversos", a cal foi visitada por parte do noso alumnado e descubrindo que moitos e moitas dos nosos e das nosas artistas tiveron que superar moitas dificultades dadas as diferentes circustancias e situacións vividas.

Ademais o alumnado puido experimentar como pintan algúns artistas como os da Asociación Boca-pie, podedes ver como pintan coa boa e/ou co pé aquí e tamén podedes atomar máis no instagram do cole.

Outra das propostas para as diferentes titorías de Infantil e Primaria, así como tamén para ver en famila é a sensibilización a través de diferentes curtas como as que vos propoñemos este enlace.

Grazas a todos e a todas por metervos na pel de moitas persoas que loitan cada día por superarse!!



martes, 2 de decembro de 2025

CONVIVIMOS E DAMOS GRAZAS! HAPPY THANKSGIVING!

 Ola blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión queremos compartir con vos a actividade de convivencia que organizou o departamento de inglés.

O pasado, mércores tivemos o noso día de dar as grazas por todo o que temos. En eso consistía o noso "THANKSGIVING", para iso xuntámonos todos e todas no hall da entrada e puidemos degustar un menú do mais rico elaborado polo alumnado de 5º e 6º. Eles e elas, ademais dos aperitivos tamén se encargaron da decoración e posta en marcha do acto. Así que despois de que todo estivera preparado, a nosa auxiliar de conversa deu apertura o acto, reflexionamos cada un sobre o que dar as grazas e posteriormente compartimos ese menú de Thanksgiving elaborado polo noso alumnado e fixemos un baile do mais divertido.

Tamén se fixo un mural onde quen quixera participar libremente podía poñer porque tiña que dar grazas.

Podedes ver no noso instagram de CEIP de Ponte Sampaio.


Grazas a todos e todas!!