Ola blogueiros e blogueiras,
O pasado 3 de decembro o CEIP de Ponte Sampaio uníuse ao Día Internacional das persoas con Discapacidade, para iso quixemos que a ARTE e ARTISTAS estiveran presentes neste día, relacionándoo co noso proxecto deste curso "Ponte con Arte".
Para comezar abrimos coa exposición de "Artistas de boca-pie" e "Artistas diversos", a cal foi visitada por parte do noso alumnado e descubrindo que moitos e moitas dos nosos e das nosas artistas tiveron que superar moitas dificultades dadas as diferentes circustancias e situacións vividas.
Ademais o alumnado puido experimentar como pintan algúns artistas como os da Asociación Boca-pie, podedes ver como pintan coa boa e/ou co pé aquí e tamén podedes atomar máis no instagram do cole.
Outra das propostas para as diferentes titorías de Infantil e Primaria, así como tamén para ver en famila é a sensibilización a través de diferentes curtas como as que vos propoñemos este enlace.
Grazas a todos e a todas por metervos na pel de moitas persoas que loitan cada día por superarse!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario