venres, 1 de marzo de 2024

Recreos cheos de vida!

Ola blogueiras e bloqueiros!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das activdades de xaneiro e febreiro dos Recreos Cheos de Vida!! Agardamos que vos gusten!!


Ata a próxima!!



luns, 26 de febreiro de 2024

Deporte adaptado con Enki!


O pasado luns, 19 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º do cole tivo a gran sorte de estar con persoas da asociación Enki, a cal nos achegou   ao mundo do deporte adaptado, da importancia da empatía, da valoración do deporte como exemplo de superación.  Esta visita ao noso cole complementarase indo nos vindeiros días a Pontevedra a participar nunha xornada de deporte adaptado.



Dende aquí queremos darlles as grazas por acompañarnos e a enoraboa polo seu proxecto en Ocio e deporte  inclusivo  que están levando acabo!!



venres, 2 de febreiro de 2024

Celebración do Día da Paz! Non pises os meus dereitos!!

Ola blogueiros e blogueiras!!

O pasado martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. Comezamos coa lectura do manifesto, a continuación bailamos todos a Samba da Paz ó redor da Pomba Olimpica , e finalmente por aulas visitaron a exposición das investigacións realizadas creando o mural "Non pises os meus dereitos".

Baixo o lema "Non pises os meus dereitos" os nenos e nenas de Primaria estiveron facendo unhas pescudas moi interesantes!! Esta actividade, seguindo o proxecto de centro (Ponte Olimpiadas) consistiu en que cada curso estivo buscando sobre deportistas aos que vulneraron os seus dereitos: James Owens, Alice Coachman, Lilí Álvarez, Kathrine Switzer, Michael Jordan, Louise e Tidye Anne, Vinicius JR ou Caster Semenya.

Aquí podedes ver unha mostra dos traballos realizados:

Ata outra!!

venres, 26 de xaneiro de 2024

Día do Chándal!

Ola a tod@s!

Este luns 22 de xaneiro celebramos no cole o Día Internacional do Chándal, dada a súa relación co proxecto de centro deste ano: As PONTE OLIMPIADAS! 

Para esta ocasión escollemos unhas palabriñas moi escondidas como podereces ver a continuación pero con moito fundamento:
T
Xa as atopastes verdade!!




Ademais de profundizar un pouquiño sobre o chándal e ver a súa orixe, repercusión en diferentes ámbitos (cine, moda, música, deportistas...), todo o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha investigación moi ligada coas olimpiadas, as mascotas olimpicas, tal e como podedes comprobar a continuación:


Grazas por participar!!

Ata a próxima!!



martes, 26 de decembro de 2023

Felices Festas!!

 Ola blogueir@s!!

Nesta entrada, aproveitamos para dar por finalizado este primeiro trimestre, e con elo tamén as actividades de novembro e decembro dos nosos Recreos cheos de vida. Agardamos que vos gusten!!


Un biquiño enorme e desexarvos unhas Felices Festas!!


venres, 15 de decembro de 2023

O CEIP Ponte Sampaio coa Discapacidade

 Ola!!

Nesta ocasión, deixámosvos unha mostra das actividades que se fixeron para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade. O pasado venres 1 e luns 4 de decembro, puidemos levar a cabo un obradoiro para todo o centro coa colaboración de COCEMFE. Dende aquí queremos dar as grazas a especialmente a Marcia e os seus voluntarios, pola súa colaboración!!

A continuación poderedes ver un vídeo resumo, do cartel coa linguaxe inclusiva no deporte (relacionado co proxecto deste curso: As Olímpiadas) e dos obradoiros levados a cabo por COCEMFE:


Tamén vos deixamos aquí a noticia nos medios por se queredes botarlle unha ollada!






mércores, 13 de decembro de 2023

Cine inclusivo no CEIP Ponte Sampaio

Ola  de nlovo!

Tal é como vos anticipábamos co motivo de arrancar motores para a celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade, o 30 de novembro, tivemos unha sesión de cine inclusivo, na que todos e todas os nenos e nenas do cole participaron nas diferentes salas. Dende aquí queremos darlles as grazas a todas as nosas colaboradoras do club de manualidades, arte e lettering pola ralización dos carteis!

Aquí vos deixamos un breve resumo do traballo:



Agardamos que vos guste!!