martes, 7 de febreiro de 2023

Recreos cheos de vida

Boas!!

Nesta ocasión quero presentarvos os nosos recreos CHEOS DE VIDA!! 

Unha iniciativa que iniciaron alumn@s de 6º e que se foi ampliando ao longo destes meses.

En que consiste??

A través de propostas de actividades que eles e elas fan para facer os recreos máis personalizados respondendo aos seus intereses. Comezamos con maxia e o club de estudio, foron incorporándose manualidades e lettering e as últimas propostas baile e o club de lectura!!

Déixovos a continuación unha pequena mostra dos nosos RECREOS CHEOS DE VIDA!! 

Agardo que vos guste!!

 

venres, 20 de xaneiro de 2023

Xogos de mecanografía!

Animádevos a escribir ben e rápido no ordenador a través da correcta posición dos dedos!! Aquí podedes atopar varios cursos e xogos de mecanografía!! Cantas pulsacións por minuto (PPM) es capaz de facer??

venres, 28 de outubro de 2022

En SAMAÍN tamén traballamos a MEMORIA!!

 



Animádevos e aproveitade estes días de samaín para mellorar a vosa memoria xogando !! 

Pica aquí para comezar a xogar!!

Biquiños!!!

luns, 5 de setembro de 2022

Arrancando un novo curso!!!

Benvida a nenos, nenas, rapaces e rapazas,  pais, nais, familias....!!!!


Comezamos un novo curso cheo de maxia, ilusión, fantasía, ficción, aventuras, amor... pero sobre todo con moito conto ... non vos perdades ningún detalle e unidevos a este proxecto!!


BO COMEZO DE CURSO!!




xoves, 7 de xullo de 2022

Actividades variadas - Audición e Linguaxe - Infantil-Primaria

Segunda e última presentación con enlaces a actividades variadas. 

Consultas e/ou dúbidas: mestradealsara@gmail.com



mércores, 6 de xullo de 2022

Actividades variadas - Audición e Linguaxe

 Primeira presentación con diferentes enlaces a actividades variadas. Infantil e Primaria.


BO VERÁN!
A profe Sara


domingo, 3 de abril de 2022

WORDLE... un xogo de palabras diario

 Hoxe traemos un xogo, moi de moda, Wordle. 

Quedaba pendente esta publicación, recomendada pola mestra Cata, xa fai un tempiño 🙃.

Wordle é un xogo que cada día reta a adiviñar unha palabra, de 5 letras. Ten un formato de crucigrama e nel, tes que adiviñar unha palabra cun máximo de 6 intentos. 

Wordle é un proxecto creado por Josh Wardle, enxeñeiro de Reddit. Foi adaptado ao castelán por Daniel Rodríguez.


A XOGAR! PREME NA IMAXE INFERIOR, CADA DÍA.



Deixamos un enlace onde explican como xogar a Wordle de días anteriores.