Boas!!
Nesta ocasión quero presentarvos os nosos recreos CHEOS DE VIDA!!
Unha iniciativa que iniciaron alumn@s de 6º e que se foi ampliando ao longo destes meses.
En que consiste??
A través de propostas de actividades que eles e elas fan para facer os recreos máis personalizados respondendo aos seus intereses. Comezamos con maxia e o club de estudio, foron incorporándose manualidades e lettering e as últimas propostas baile e o club de lectura!!
Déixovos a continuación unha pequena mostra dos nosos RECREOS CHEOS DE VIDA!!
Agardo que vos guste!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario