martes, 30 de xuño de 2026

Festa Country

Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 25 de maio, tivemos a nosa Festa Country. O alumnado de 5º e 6º preparou a merenda, outros deron un concerto para abrir o acto e finalmente todos xuntos bailamos a canción que estivemos ensaiando. Xa para rematar, tomamos a merenda preparada coa axuda do alumnado e a colaboración dalgunhas familias. 

Unha xornada de convivencia do mais animada!

Grazas pola vosa participación!


luns, 18 de maio de 2026

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO CON COCEMFE: PAUTAS PARA A MELLORA DA CONDUTA.

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado martes, 13 de maio tivemos unha formación presencial no CEIP de Ponte Sampaio para o profesorado. Nesta ocasión, a temática a abordar era Pautas para a mellora da conduta, impartida por Marcia de COCEMFE.

Unha formación na que o profesorado tamén puidemos vivenciar diferentes dinámicas para a posta en marcha co noso alumnado.




Grazas pola colaboración!!!




martes, 5 de maio de 2026

Día Mundial Contra o Acoso Escolar

 Ola de novo,

Despois dun pequeno respiro, achegamos unhas propostas, que dende o CEIP de Ponte Sampaio se levarán a cabo para traballar o Día Mundial contra o Acoso Escolar. 

Nesta ocasión a nosa proposta xira en torno a un conto:


Ou tamén o tedes dispoñible en vídeo:

Aquí vos deixamos a proposta didáctica. 



Tamén neste enlace tedes máis recursos sobre esta temática.


TODOS E TODAS CONTRA O ACOSO ESCOLAR!!




mércores, 29 de abril de 2026

OBRADOIRO DE CESTERÍA: Outra técnica de ARTE!

 Ola blogueiros e blogueiras,

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, grazas á colaboración de María, unha das nosas mamás, fixemos unha nova técnica dentro do noso proxecto de ARTE. Esta vez cestería!!

A continuación podedes ver os cestiños máis chulos que elaboraron as nosas rapazas:



GRAZAS A TODAS!!





luns, 20 de abril de 2026

OBRADOIRO CONTA CON NÓS co alumnado de 5º

 Ola blogueiros e blogueiras,

Aquí estamos de novo, nesta ocasión para contarvos que o pasado venres 17 de abril, o alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio, participou no obradoiro Conta con nós, que leva a cabo Cruz Roja.


A través de diferentes vídeos, exemplos e diferentes dinámicas falamos de emocións como a vergoña ou a ansiedade, a escoita activa e a empatía... e a aplicación de diferentes estratexias como é a respiración para canalizar e autoregularnos mellor... no que o alumnado puido participar de xeito espontaneo e poñendo diferentes vivencias e experiencias propias.

Miguel e María levaron a cabo o obradoiro, aos cales queremos darlles as grazas por todo o traballo realizado!!

Ata a próxima!


luns, 13 de abril de 2026

OBRADOIRO DE EMPATÍA E ESCOITA ACTIVA - COMUNICACIÓN ASERTIVA con Jeniffer Herbón

 Boas blogueiros e blogueiras!

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, o alumnado de 3º, 4º  e 5º de Ed. Primaria recibiron unha formación adicada a xestión positiva da convivencia, impartida por Jeniffer Herbón.

O primeiro bloque foi Empatía e Escoita Activa para o alumnado de 3º e 4º e o segundo Comunicación Asertiva para o alumnado de 4º e 5º. Durante as sesións combináronse diferentes xogos e dinámicas nas que o alumnado puido participar activamente.



Grazas pola vosa participación!


mércores, 8 de abril de 2026

Día Mundial de Concienciación do Autismo

Blogueiros e blogueiras,  aquí estamos de novo!!

Contarvos como xa sabedes que o pasado 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación do Autismo, ao que o CEIP de Ponte Sampaio nos unimos facendo diferentes propostas ao longo desta semana: lectura de contos ou visionado de curtas sobre a temática, canción El viaje de Víctor coa súa proposta de actividades... 


Aquí vos deixamos a canción:







Tamén podedes ver a guía que acompaña a canción, elaborada por CEFIRE Específico de Educación Inclusiva da Comunidade Valenciana aquí.


A continuación tedes algunhas propostas por se queredes 




Ata a próxima!!