luns, 18 de maio de 2026

FORMACIÓN PARA O PROFESORADO CON COCEMFE: PAUTAS PARA A MELLORA DA CONDUTA.

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado martes, 13 de maio tivemos unha formación presencial no CEIP de Ponte Sampaio para o profesorado. Nesta ocasión, a temática a abordar era Pautas para a mellora da conduta, impartida por Marcia de COCEMFE.

Unha formación na que o profesorado tamén puidemos vivenciar diferentes dinámicas para a posta en marcha co noso alumnado.




Grazas pola colaboración!!!




martes, 5 de maio de 2026

Día Mundial Contra o Acoso Escolar

 Ola de novo,

Despois dun pequeno respiro, achegamos unhas propostas, que dende o CEIP de Ponte Sampaio se levarán a cabo para traballar o Día Mundial contra o Acoso Escolar. 

Nesta ocasión a nosa proposta xira en torno a un conto:


Ou tamén o tedes dispoñible en vídeo:

Aquí vos deixamos a proposta didáctica. 



Tamén neste enlace tedes máis recursos sobre esta temática.


TODOS E TODAS CONTRA O ACOSO ESCOLAR!!




mércores, 29 de abril de 2026

OBRADOIRO DE CESTERÍA: Outra técnica de ARTE!

 Ola blogueiros e blogueiras,

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, grazas á colaboración de María, unha das nosas mamás, fixemos unha nova técnica dentro do noso proxecto de ARTE. Esta vez cestería!!

A continuación podedes ver os cestiños máis chulos que elaboraron as nosas rapazas:



GRAZAS A TODAS!!





luns, 20 de abril de 2026

OBRADOIRO CONTA CON NÓS co alumnado de 5º

 Ola blogueiros e blogueiras,

Aquí estamos de novo, nesta ocasión para contarvos que o pasado venres 17 de abril, o alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio, participou no obradoiro Conta con nós, que leva a cabo Cruz Roja.


A través de diferentes vídeos, exemplos e diferentes dinámicas falamos de emocións como a vergoña ou a ansiedade, a escoita activa e a empatía... e a aplicación de diferentes estratexias como é a respiración para canalizar e autoregularnos mellor... no que o alumnado puido participar de xeito espontaneo e poñendo diferentes vivencias e experiencias propias.

Miguel e María levaron a cabo o obradoiro, aos cales queremos darlles as grazas por todo o traballo realizado!!

Ata a próxima!


luns, 13 de abril de 2026

OBRADOIRO DE EMPATÍA E ESCOITA ACTIVA - COMUNICACIÓN ASERTIVA con Jeniffer Herbón

 Boas blogueiros e blogueiras!

Hoxe no CEIP de Ponte Sampaio, o alumnado de 3º, 4º  e 5º de Ed. Primaria recibiron unha formación adicada a xestión positiva da convivencia, impartida por Jeniffer Herbón.

O primeiro bloque foi Empatía e Escoita Activa para o alumnado de 3º e 4º e o segundo Comunicación Asertiva para o alumnado de 4º e 5º. Durante as sesións combináronse diferentes xogos e dinámicas nas que o alumnado puido participar activamente.



Grazas pola vosa participación!


mércores, 8 de abril de 2026

Día Mundial de Concienciación do Autismo

Blogueiros e blogueiras,  aquí estamos de novo!!

Contarvos como xa sabedes que o pasado 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación do Autismo, ao que o CEIP de Ponte Sampaio nos unimos facendo diferentes propostas ao longo desta semana: lectura de contos ou visionado de curtas sobre a temática, canción El viaje de Víctor coa súa proposta de actividades... 


Aquí vos deixamos a canción:







Tamén podedes ver a guía que acompaña a canción, elaborada por CEFIRE Específico de Educación Inclusiva da Comunidade Valenciana aquí.


A continuación tedes algunhas propostas por se queredes 




Ata a próxima!!


venres, 27 de marzo de 2026

Despedimos o trimestre co Easter Fun!

 Ola!

Hoxe, 27 de marzo despedimos o trimestre por todo o alto!! A teacher e a auxiliar de conversa prepararon un xogo de pistas en inglés, onde cada grupo (de diferentes cursos) tiñan que ir conseguindo recompilar todas as pistas ata dar coa resposta da mesma. Ao finalizar, fixéronse entrega de ovos de chocolate que degustamos con moito gusto!!

Un día onde compartir e cooperar!

Felices vacacións!!