domingo, 3 de abril de 2022

WORDLE... un xogo de palabras diario

 Hoxe traemos un xogo, moi de moda, Wordle. 

Quedaba pendente esta publicación, recomendada pola mestra Cata, xa fai un tempiño 🙃.

Wordle é un xogo que cada día reta a adiviñar unha palabra, de 5 letras. Ten un formato de crucigrama e nel, tes que adiviñar unha palabra cun máximo de 6 intentos. 

Wordle é un proxecto creado por Josh Wardle, enxeñeiro de Reddit. Foi adaptado ao castelán por Daniel Rodríguez.


A XOGAR! PREME NA IMAXE INFERIOR, CADA DÍA.



Deixamos un enlace onde explican como xogar a Wordle de días anteriores.



domingo, 20 de marzo de 2022

Materiais da Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe - Educación Infantil

 A Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe fainos chegar dous documentos nos que se recollen os Fitos da Linguaxe atendendo á idade do alumnado así como Pautas para as familias.

Podedes ver os documentos premendo en cada imaxe ou nos enlaces "Fitos da Linguaxe" (fitos máis representativos segundo a idade) e "Pautas para as familias" (Pautas e actividades).




xoves, 18 de xuño de 2020

martes, 16 de xuño de 2020

ExPReSióN EsCRiTa





Para elaborar un texto, debemos coidar a estrutura tanto do texto como das oracións/frases que empregamos para facelo. A continuación tedes un exemplo de preguntas que podemos facernos para elaborar unhas oracións completas. 

RECORDADE: debedes utilizar signos de puntuación (as pausas son moi necesarias para a lectura do texto e para ir contando por partes todo aquilo que queremos expresar), utilizar sinónimos (temos un amplo vocabulario que utilizar sen ter que repetir constantemente as mesmas palabras)





RECOMENDACIÓNS PARA CONTAR UNHA HISTORIA:




Vídeo explicativo:



Poñede a voar a vosa imaxinación e creade as vosas propias historias ou completade de forma creativa nas seguintes actividades interactivas:























QUÉ PUIDO PASAR?




Remata a historia da Ardilla Charlatana










Parécenos interesante coñecer a túa opinión agora que remata o curso:












sábado, 6 de xuño de 2020

Resolución de problemas


AUTOINSTRUCIÓNS NA RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Material de Orientación Andújar. Preme na imaxe de abaixo para imprimir.
PISTAS PARA ESCOLLER A OPERACIÓN

Material de Laeduteca. Preme na imaxe para imprimir.
LEMBRA O ESQUEMA PARA RESOLVER PROBLEMAS:
VÍDEOS: Pasos para resolver problemas


PROBLEMAS INTERACTIVOS


1º Educación Primaria
 
2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria