Ola a tod@s!
As mestras de PT e AL do CEIP de PONTE SAMPAIO crean este espazo para comentar e proporcionarvos diferentes actividades que se están levando a cabo, así como recursos para traballar de xeito específico co alumnado.
luns, 9 de marzo de 2026
OBRADOIRO para as familias: A forza da risa!
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: O espello de Claude!
Ola de novo blogueiros e blogueiras!!
Nesta ocasión @s nos@s protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio.
O pasado martes, comezaron o laboratorio de Fotografía "O espello de Claude" con Fuco Reyes, dentro das actividades de AFundación. Esta actividade conta con 5 sesións no propio cole e ten como obxectivo explorar desde a fotografía aspectos clave na etapa da adolescencia como construcción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación.
venres, 27 de febreiro de 2026
OBRADOIRO DAS EMOCIÓNS CON Baia!
Ola!
Continuamos cos obradoiros sobre as emocións, que estamos a realizar con Baia Fernández. Nesta ocasión comezamos co alumnado de Ed. Infantil de Ponte Samapaio. Para iso fixeron varias dinámicas nas que puidemos experimentar a través da música e da expresión artística diferentes emocións:
Logo continuamos coas sesións do alumnado de 1º e 2º que puido coñecer unha nova emoción; a rabia, cerrando así o bloque de emocións amigas.
Grazas a tod@s!
OBRADOIRO DE GALLETAS
Ola de novo blogueiros e blogueiras,
Nesta ocasión, quermos contarvos o novo obradoiro que fixemos na aula de PT co alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio. A idea partiu dunha receita proporcionada por unhas alumnas do 6º curso, a compra realizarona un alumno e unha alumna deste mesmo curso e finalmente puxémola en marcha para dar a probar esas galletas ao resto dos compañeiros e compañeiras.
A partir deste tipo de actividades podemos traballar moitas cousas e dun xeito mais competencial (texto instructivo e as súas características, cantidades, unidades de medida, competencias para a vida cotía: manexo do diñeiro, ir a compra, seguir instruccións, elaboración da receita, manexo dos utensilios de cociña ...) e ao mesmo tempo é unha fantástica ocasión para aprender!
Grazas pola vosa proposta!
luns, 23 de febreiro de 2026
OBRADOIRO Emocións Amigas
Ola bloguieros e blogueiras,
O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria está realizando uns obradoiros impartidos por Baia Fernández de la Torre baixo o título de "Emocións amigas", onde nos presentará as emocións: o medo, a tristeza e a rabia.
Na primeira sesión o alumnado coñeceu O MEDO. A continuación tedes unha pequena mostra das diferentes dinámicas que se levaron a cabo:
Na segunda sesión foi a quenda da TRISTEZA, na que tamén puidemos experimentar esta emoción e como poder xestionala.


martes, 3 de febreiro de 2026
Celebración Día da Paz
Ola blogueiros e blogueiras,
Durante a semana pasada, no CEIP de Ponte Sampaio, estivemos traballando máis a fondo aspectos relacionados coa celebración do Día Internacional da Paz e non violencia. Para iso fixéronse diferentes actividades: preparación dun stand con propostas da biblioteca para ler; decoración dos corredores; preparación do mural; lecturas comprensivas sobre a solidaridade, tolerancia... así como xogos propostos dende o o equipo TIC.
mércores, 21 de xaneiro de 2026
Xornada Conta con Nós co alumnado de 4º de Primaria.
Ola blogueiros e blogueiras,
Nesta ocasión comentarvos que hoxe continuamos cos obradoiros no programa Conta con Nós, que leva a cabo Cruz Roja coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Este programa ten como finalidade promover a sensibilización e a prevención relacionadas con esta cuestión para fortalecer e manter o benestar emocional saudable.
O obradoiro foi levado a cabo por Nico, Juan Carlos e Miguel os cales estiveron co alumnado de 4º curso de Ed. Primaria, onde a través de diferentes dinámicas falaron da importancia das emocións e de técnicas para poder xestionalas, a través do "botón de pausa", "a respiración profunda"ou un "paso atrás".
































