xoves, 3 de abril de 2025

Celebración do 8 M

 Boas blogueiros e blogueiras!

Co motivo da celebración do 8 M, no CEIP de Ponte Sampaio, estivemos facendo diferentes actividades: elaboración do mural do 8M, investigacións sobre Mulleres importantes ao longo da historia (enmarcado dentro do proxecto de centro deste ano) e tamén contamos cunha visita moi especial... Elisa unha arqueóloga, que nos contou cousas moi interesantes do seu traballo e que por suposto nos axudou no noso proxecto. Aquí podedes ver unha mostra dos nosos traballos!!

Agardámos que vos gusten!!

Ata a próxima!


venres, 7 de marzo de 2025

Analizando os estereotipos co Proxecto Benquerer

 Moi boas blogueiros e blogueiras!

Como anticipo das actividades encadradas dentro da celebración do 8 M, hoxe o alumnado de 6º de Primaria, estivo facendo unha dinámica do Proxecto Benquerer da Fundación Meniños,  no que están participando. 

Nesta ocasión, sobre estereotipos de xénero, onde tiveron que adiviñar se era unha muller ou un home o que estaba detrás de cada identidade proposta relacionada con figuras destacadas da ciencia e a informática. Resistiuse un pouco a abrir a porta que lles daba acceso a aula pero finalmente conseguírono.

 A continuación, mostramos unha pequena mostra da actividade:

Ata a próxima!!

martes, 11 de febreiro de 2025

Recursos educativos sobre diferentes temáticas

 Ola blogueiros e blogueiras,

Pásovos  no seguinte enlace recursos e xogos sobre: atención, matemáticas, lengua e letras, que estivo preparando o profe Adrián, para os nenos e nenas de 2º. Grazas profe!!

Agardamos que vos gusten!!


martes, 21 de xaneiro de 2025

Obradoiro de Técnicas para xestionar as explosións emocionais.

 Boas blogueiros e blogueiras,

O CEIP de Ponte Sampaio está organizando un obradoiro para familias e profesorado sobre Técnicas para xestionar as explosións emocionais. Tedes a continuación toda a información:



xoves, 9 de xaneiro de 2025

Presentación Colexio Benquerer

Boas a tod@s!!

Agardamos que tiverades unhas moi felices vacacións e regreso ás aulas. Aquí estamos de novo, para ir contándovos máis cousiñas das que facemos. Este curso o CEIP de Ponte Sampaio participamos no Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. 

Nesta ocasión comezamos presentando o proxecto e coas primeiras dinámicas (Mensaxes Musicais) co alumnado de 6º.


 Como podedes ver un proxecto moi interesante!!!

Ata a próxima!

luns, 30 de decembro de 2024

Recreos cheos de vida

 Ola blogueiras e blogueiros!!

O prometido é deuda!! Ahí vai un vídeo resumo deste primeiro trimestre de Recreos cheos de vida!! Tamén aproveito para darvos as grazas a todas as persoas que facedes posible todo isto, GRAZAS!!

Agardo que vos guste!!


luns, 2 de decembro de 2024

3 de decembro: Día Internacional da discapacidade

 Ola de novo!

O 3 de decembro celebrase o Día Internacional da discapacidade, para iso aproveitamos para propoñervos este xogo interactivo: ONCITY, EL VIDEOJUEGO QUE NOS HACE IGUALES, que elaborou a ONCE.

O obxectivo deste paseo virtual, interactivo e entretido é concienciar e invitarnos a empatizar coas persoas que teñen algún tipo de discapacidade (visual, auditiva, física ou intelectual), a través dunha experiencia inclusiva. Por exemplo, con letras ultra grandes e fortes contrastes (como xogaría unha persoa con discapacidade visual), sin volumen nin sinales sonoras (como xogaría unha persoa xorda), ou interactuando coa pantalla coa barbilla ou co cóbado (como xogan moitas persoas con discapacidade física ou motriz).

 Agardamos que o disfrutedes!!