martes, 23 de decembro de 2025

Arranque dos Recreos cheos de Vida curso 25/26

 Ola a todos e todas,

Como ven sabedes un curso mais, no CEIP de Ponte Sampaio comezan os nosos Recreos Cheos de Vida.  Neste curso mantendo como sabedes algúns obradoiros como son: baile, manualidades, pintura, scratch, club de lectura... e introducíndose outros como foron teatro e Cloxnukz.

A continuación vos deixamos unha mostra do que fixeron, neste 1º trimestre, nos diferentes obradoiros:

Graciñas a todos e todas por participar, ter tan boas iniciativas e sobre todo por vir a pasalo ben!!

Ata a próxima!

luns, 22 de decembro de 2025

Programa Conta con Nós!

Ola de novo,

Máis novidades que vos queremos contar...

Este curso o CEIP de Ponte Sampaio tamén participamos no programa Conta con Nós, que leva a cabo Cruz Roja coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Este programa ten como finalidade promover a sensibilización e a prevención relacionadas con esta cuestión para fortalecer e manter o benestar emocional saudable.



O pasado 5 de novembro participamos nunha xornada sobre este mesmo programa, nas cales ademais de aportarnos diferentes estratexias e enfoque sobre o benestar emocional da infancia e da adolescencia, tamén tivemos unha demostración con cans de terapia de IncrescenTO.



Ademais da formación para o profesorado tamén comezamos cos primeiros obradoiros co noso alumnado.

                                  

O pasado 16 de decembro, Lucía e María de Cruz Roja estiveron co alumando de 6º de Ed, Primaria facendo un obradoiro onde se presentaron as diferentes emocións, nos deron diferentes estratexias para poder poñelas en práctica e tamén recordarnos da importancia de validar a todas elas.












Grazas por vir!

 

 


Obradoiro Xestionando emocións

 


Ola a todos e a todas!

Compartir con vos o 1º Obradoiro deste curso para familias e profesorado. 
Nesta ocasión foi o pasado xoves 4 de decembro, impartido por Baia Fernández de la Torre e baixo o lema Xestionando emocións. Un obradoiro moi interesante no que puidemos compartir, sentirnos partícipes e sobre todo conectando coas emocións propias e dos demais. 

Grazas a todas as familias por participar!! 




domingo, 21 de decembro de 2025

Celebramos o 3 de decembro, Día da Discapaciade!

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 3 de decembro o CEIP de Ponte Sampaio uníuse ao Día Internacional das persoas con  Discapacidade,  para iso quixemos que a ARTE e ARTISTAS estiveran presentes neste día, relacionándoo co noso proxecto deste curso "Ponte con Arte".

Para comezar abrimos coa exposición de "Artistas de boca-pie" e "Artistas diversos", a cal foi visitada por parte do noso alumnado e descubrindo que moitos e moitas dos nosos e das nosas artistas tiveron que superar moitas dificultades dadas as diferentes circustancias e situacións vividas.

Ademais o alumnado puido experimentar como pintan algúns artistas como os da Asociación Boca-pie, podedes ver como pintan coa boa e/ou co pé aquí e tamén podedes atomar máis no instagram do cole.

Outra das propostas para as diferentes titorías de Infantil e Primaria, así como tamén para ver en famila é a sensibilización a través de diferentes curtas como as que vos propoñemos este enlace.

Grazas a todos e a todas por metervos na pel de moitas persoas que loitan cada día por superarse!!



martes, 2 de decembro de 2025

CONVIVIMOS E DAMOS GRAZAS! HAPPY THANKSGIVING!

 Ola blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión queremos compartir con vos a actividade de convivencia que organizou o departamento de inglés.

O pasado, mércores tivemos o noso día de dar as grazas por todo o que temos. En eso consistía o noso "THANKSGIVING", para iso xuntámonos todos e todas no hall da entrada e puidemos degustar un menú do mais rico elaborado polo alumnado de 5º e 6º. Eles e elas, ademais dos aperitivos tamén se encargaron da decoración e posta en marcha do acto. Así que despois de que todo estivera preparado, a nosa auxiliar de conversa deu apertura o acto, reflexionamos cada un sobre o que dar as grazas e posteriormente compartimos ese menú de Thanksgiving elaborado polo noso alumnado e fixemos un baile do mais divertido.

Tamén se fixo un mural onde quen quixera participar libremente podía poñer porque tiña que dar grazas.

Podedes ver no noso instagram de CEIP de Ponte Sampaio.


Grazas a todos e todas!! 

martes, 25 de novembro de 2025

ACTIVIDADES 25 N

 Ola blogueiros e blogueiras,

Co motivo da celebración do 25 N (Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller), o CEIP de Ponte Sampaio estivemos analizando: "Que é amor?" Que non é amor? baixo o lema: Es amor / No es amor, os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Ed. Primaria, fixeron as súas flores coas palabras que para eles e elas significaban amor e noutras flores puxeron as palabras que para eles non eran amor. Quedando un traballo do máis chulo:

Por outra banda, o alumnado dos cursos máis altos (3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria), estiveron traballando a canción de Manuel Carrasco & Malú "Que Nadie", onde tamén puideron analizar a canción é o significado que as palabras conlevan.

Así mesmo, durante a entrada, o recreo e a saída na nosa radio escolar sonaron cancións referentes  a temática para ambientar a conmemoración deste día.

Grazas a todos e a todas por participar!!

xoves, 13 de novembro de 2025

Actividades da aula de PT

Boas blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión, presentámosvos algunhas das actividades que estivemos propoñendo ao alumando para realizar e colaborar nas clases de PT:

- Elaboración dunha macedonia de froitas.  Previamente escribimos a receita, fixemos un listado da compra co que precisabamos para facela e finalmente puxémonos mans a obra co seguinte resultado:


- Decoración terrorífica da porta.  A proposta consistía en que debuxaran e deixaran voar a súa imaxinación para facer a decoración da porta para Samaín, quedando así de terrorífica:


Moitas grazas a todas e todos por participar!

Charla: Click virtual, impacto real.

 Ola blogueiros e blogueiras,

O pasado 6 de novembro co motivo da celebración do 6N: Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, incluído o ciberacoso, Cruz Roja, baixo o título: "Click virtual, impacto real" , realizou co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria unha charla/obradoiro centrada en visibilizar non só o acoso escolar, senón tamén como as accións no entorno dixital teñen consecuencias reais, así como previr e actuar nestas situacións.



Dende aquí damos grazas a Marta (técnica de Cruz Roja) pola súa labor!

Ata pronto!

luns, 15 de setembro de 2025

Comezamos un novo curso!!

Benvidos e benvidas!!

O curso 25/26 no CEIP de Ponte Sampaio acaba de arrancar. Este ano baixo o lema "Ponte con Arte" promete ser do máis artístico, así que animámosvos a que o veñades a disfrutar con nós!



martes, 1 de xullo de 2025

Remata o curso! Feliz Verán!

 Boas blogueiros e blogueiras,

Como xa sabedes rematou o curso e con el unha chea de actividades, xogos, iniciativas... e sobre todo diversión!

Toca o momento de despedirnos ata o vindeiro curso e desexarvos que pasedes un feliz verán, onde descansedes, xoguedes, leades, fagades amizades novas, desfrutedes da praia, da montaña e do verán... pero sobre todo que o pasedes moi  ben!

Agradecer especialmente ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, colaborador dos Recreos Cheos de Vida que se nos marchan pola súa labor durante este tempo nos recreos. Grazas a tod@s por participar, polo voso compromiso pero sobre todo por ter estas iniciativas!

Ata o próximo curso!!

                                                          

mércores, 28 de maio de 2025

Charla "Cerebro e Pantalla"

 Ola blogueiras e blogueiros!

Nesta ocasión temos que informarvos da charla que tivemos onte. Unha charla gratuíta para familias e profesorado, que impartiu María Couso , baixo o título "Cerebro e pantallas". A temática sobre a que versou foi o uso e perigos das pantallas, polo que foi unha temática do máis actual e de preocupación para tod@. Ademais dicir que é unha actividade, que realizamos conxuntamente con outro centro da contorna, o cal nos parece moi positivo! 

Agradecer a todas aquelas persoas que vos puidestes achegar e agardamos que fora do voso interese!




martes, 29 de abril de 2025

Actividades Recreos Cheos de Vida

 Boas blogueiros e blogueiras!

O prometido é deuda! 

A continuación tedes unha pequeniña mostra das actividades dos nosos Recreos Cheos de Vida do CEIP de Ponte Sampaio, que se realizaron ao longo do 2º trimestre: baile, scratch, manualidades, pulseras, lettering... e o noso Concurso de Talentos coa semifinal!

Agardamos que vos guste!!



Grazas por participar!


luns, 7 de abril de 2025

Celebrando o 2 de Abril: Día Mundial de Concienciación do Autismo

 Ola de novo!!

Nesta ocasión, o CEIP de Ponte Sampaio quixo facer un guiño especial a celebración do 2 de abril, sumándonos a campaña Somos Infinitos e a campaña ImpliCAAte e EduCAAme (desenvolta por ALFASAAC). 

No cole puidemos contar con Valeria e María do gabinete Arcoiris, as cales fixeron unha introducción ao mundo do autismo a todo o alumnado do centro. Así mesmo, todos e todas participaron a través de outras actividades como foi a elaboración do comunicador de aula ou coa decoración dos infinitos. Podedes ver aquí algunha das nosas actividades! Gracias por todo compañeiras!

Tamén vos deixamos este enlace interesante de Xogos TEA, sacados do Programa de Habilidades Sociales para personas TEA da Editorial CEPE.


xoves, 3 de abril de 2025

Celebración do 8 M

 Boas blogueiros e blogueiras!

Co motivo da celebración do 8 M, no CEIP de Ponte Sampaio, estivemos facendo diferentes actividades: elaboración do mural do 8M, investigacións sobre Mulleres importantes ao longo da historia (enmarcado dentro do proxecto de centro deste ano) e tamén contamos cunha visita moi especial... Elisa unha arqueóloga, que nos contou cousas moi interesantes do seu traballo e que por suposto nos axudou no noso proxecto. Aquí podedes ver unha mostra dos nosos traballos!!

Agardámos que vos gusten!!

Ata a próxima!


venres, 7 de marzo de 2025

Analizando os estereotipos co Proxecto Benquerer

 Moi boas blogueiros e blogueiras!

Como anticipo das actividades encadradas dentro da celebración do 8 M, hoxe o alumnado de 6º de Primaria, estivo facendo unha dinámica do Proxecto Benquerer da Fundación Meniños,  no que están participando. 

Nesta ocasión, sobre estereotipos de xénero, onde tiveron que adiviñar se era unha muller ou un home o que estaba detrás de cada identidade proposta relacionada con figuras destacadas da ciencia e a informática. Resistiuse un pouco a abrir a porta que lles daba acceso a aula pero finalmente conseguírono.

 A continuación, mostramos unha pequena mostra da actividade:

Ata a próxima!!

martes, 11 de febreiro de 2025

Recursos educativos sobre diferentes temáticas

 Ola blogueiros e blogueiras,

Pásovos  no seguinte enlace recursos e xogos sobre: atención, matemáticas, lengua e letras, que estivo preparando o profe Adrián, para os nenos e nenas de 2º. Grazas profe!!

Agardamos que vos gusten!!


martes, 21 de xaneiro de 2025

Obradoiro de Técnicas para xestionar as explosións emocionais.

 Boas blogueiros e blogueiras,

O CEIP de Ponte Sampaio está organizando un obradoiro para familias e profesorado sobre Técnicas para xestionar as explosións emocionais. Tedes a continuación toda a información:



xoves, 9 de xaneiro de 2025

Presentación Colexio Benquerer

Boas a tod@s!!

Agardamos que tiverades unhas moi felices vacacións e regreso ás aulas. Aquí estamos de novo, para ir contándovos máis cousiñas das que facemos. Este curso o CEIP de Ponte Sampaio participamos no Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. 

Nesta ocasión comezamos presentando o proxecto e coas primeiras dinámicas (Mensaxes Musicais) co alumnado de 6º.


 Como podedes ver un proxecto moi interesante!!!

Ata a próxima!