venres, 29 de novembro de 2024

Celebración do 25 N

 Boas blogueiras e blogueiros!!

Esta semana co motivo do 25N estivemos facendo diferentes accións para concienciación sobre a importancia da eliminación da violencia de xénero. Para iso todo o alumnado, especialmente o de Ed. Infantil, participou na creación da pancarta deste día, a cal leva por título: "Da prehistoria ao presente a violencia de xénero non ten lugar en ningún tempo".

O luns 25 de novemebro, todo o  alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, participou nun obradoiro no que se abordaron os estereotipos ou mitos entre homes e mulleres, as desigualdades... que impartiron Marta e Fabi (de Cruz Vermella), as cales agradecemos a súa presenza e colaboración!!

Tamén destacar que ao longo da semana na hora de lectura o alumnado de 6º, que previamente estivo elaborando diferentes traballos sobre o 25N, foi expoñelos as diferentes aulas de infantil e primaria. Aquí tedes podedes ver o ben que o fixeron.

 Grazas a todas e todos pola vosa colaboración e participación!!!


venres, 8 de novembro de 2024

Convivencia contra o Acoso e Violencia escolar

Moi boas!

Como vos anticipábamos dende o CEIP de Ponte Sampaio quixemos unirnos ao Día Internacional Contra a violencia e o acoso escolar, incluíndo o ciberacoso. Para iso, Clara e Fabi (voluntarias de Cruz Roja) nos propuxeron unha mañá do máis entretida, onde todos e todas puidemos participar, en forma de charla, dinámica ou xogo.

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades, agardamos que vos guste!!


 


xoves, 7 de novembro de 2024

7 de novembro: Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar

 Ola blogueiros e blogueiras,

Co obxectivo de sumarnos a celebración do Día Internacional contra a violencia e o Acoso Escolar, incluíndo o ciberacoso, dende o CEIP de Ponte Sampaio temos prevista para maña unha xornada de reflexión sobre a temática. Para iso contaremos coa colaboración das técnicas de Cruz Vermella.

Así tamén, vos proporcionamos aquí máis información! E animarvos a que leades algunha destas Lecturas contra o acoso escolar.

Ata a próxima!