venres, 26 de abril de 2024

Achegámonos ao Braille

Ola de novo!! 


 Nesta nova entrada, informámosvos dunha actividade que se estivo desenvolvendo ao longo das pasadas semanas do mes de abril. No CEIP Ponte Sampaio, puidemos contar con material en préstamo da ONCE e complementándoo con material que se tiña e se elaborou no cole fixemos unha pequena exposición sobre o Braille. 



Para profundizar máis sobre a actividade, ademais de visitar a exposición (onde se poderían atopar diferente información sobre este método de comunicación, coñecer a Braillín, a máquina Perkins e outros materiais adaptados que as persoas con discapacidade visual necesitan), fixemos un achegamento a través de contos como Sofía la golondrina ou El hombre más valiente del mundo e diferentes dinámicas para coñecer o alfabeto braille (recoñecer o seu nome escrito en braille coa axuda do alfabeto, para os máis pequeniños ou escribir apoiándose no alfabeto braille diferentes deportes que se lle daban nunha plantilla e logo intentar recoñecelos).



 Con esta iniciativa agardamos poder contribuír a unha sociedade máis empática, onde todos e todas somos especiais e contamos con diferentes recursos que nos poden axudar a cada unha de nós dun xeito ou outro, respetando e valorando as nosas diferenzas.

Grazas a todos e todas por participar!!

mércores, 3 de abril de 2024

Día Mundial de Concienciación sobre o autismo

 Ola blogueiros e blogueiras!

O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. Seguindo a Campaña deste ano baixo o lema "más cerca de lo que crees", dende o CEIP Ponte Sampaio quixemos aportar o noso pequeno gran a crear unha sociedade máis empática e solidaria, para iso fixemos nalgunhas aulas a dinámica "contoche un conto", visionado de curtametraxes e os nosos propios infinitos.



Grazas por estar ahí!!

Encontro Provincial con Enki!

 Ola de novo!

Como xa sabedes o pasado 7 de marzo estivemos participando no Encontro Provincial de Deporte Adaptado con Enki. Unha experiencia do máis chula!!

Podedes ver a continuación unha pequena mostra dos deportes adaptados que puideron practicar o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.



Celebración da Semana da Prensa e do 8 M

 Ola blogueiros e bloqueiras!!


Este mes de marzo estivo cargado de actividades, entre elas a celebración da Semana da Prensa e do Día Internacional da Muller. Esta vez, seguindo coa linea do proxecto do centro, investigamos na prensa as noticias deportivas analizando que tipo de noticia, deportes, número de aparicións de deportistas masculinos e femininos, tamaño da noticia... atopando curiosas conclusións.  Traballo que fomos completando no noso taboleiro especial de noticias.

Por outra banda, para celebrar o 8M e completar co traballo en prensa, propuxemos ao noso alumnado unha interesante proposta, unha investigación onde todo o cole se mergullou investigando as nosas deportistas e facendo unha exposición colaborativa entre todos os cursos de Ed.Infantil e Primaria do máis chula!!

A continuación, déixovos cun pequeno resumo de todo o que aquí vos conto. 



Agardo que vos gustara e ata a próxima!!