luns, 26 de febreiro de 2024

Deporte adaptado con Enki!


O pasado luns, 19 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º do cole tivo a gran sorte de estar con persoas da asociación Enki, a cal nos achegou   ao mundo do deporte adaptado, da importancia da empatía, da valoración do deporte como exemplo de superación.  Esta visita ao noso cole complementarase indo nos vindeiros días a Pontevedra a participar nunha xornada de deporte adaptado.



Dende aquí queremos darlles as grazas por acompañarnos e a enoraboa polo seu proxecto en Ocio e deporte  inclusivo  que están levando acabo!!



venres, 2 de febreiro de 2024

Celebración do Día da Paz! Non pises os meus dereitos!!

Ola blogueiros e blogueiras!!

O pasado martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. Comezamos coa lectura do manifesto, a continuación bailamos todos a Samba da Paz ó redor da Pomba Olimpica , e finalmente por aulas visitaron a exposición das investigacións realizadas creando o mural "Non pises os meus dereitos".

Baixo o lema "Non pises os meus dereitos" os nenos e nenas de Primaria estiveron facendo unhas pescudas moi interesantes!! Esta actividade, seguindo o proxecto de centro (Ponte Olimpiadas) consistiu en que cada curso estivo buscando sobre deportistas aos que vulneraron os seus dereitos: James Owens, Alice Coachman, Lilí Álvarez, Kathrine Switzer, Michael Jordan, Louise e Tidye Anne, Vinicius JR ou Caster Semenya.

Aquí podedes ver unha mostra dos traballos realizados:

Ata outra!!