OLA!!
Durante o mes de outubro estreamos os RECREOS CHEOS DE VIDA cos clubs renovados e con moita ilusión. Nesta ocasión, contamos co club de maxia, axedrez, baile, xogos e MAL (Manualidades, arte e lettering)😉
As voluntarias e voluntarios dos obradoiros sorprenderónnos con varias novidades: carnés de maga, xogos musicais, torneo de axedrez, fusión de manualidades, lettering e arte...
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos Recreos Cheos de Vida. Agardamos que o desfrutedes!!
Grazas pola vosa implicación e participación!!