luns, 9 de marzo de 2026

Día internacional da MULLER: 8 M

 

Este domingo, 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. O CEIP de Ponte Sampaio con este motivo comezamos esta semana con varias actividades baseándonos na web do gris ao violeta. 

A partir das biografías do mural 8M do corredor, poñeremos ao alumando a investigar sobre diferentes mulleres de Pontevedra: Mercedes Ruibal, Dolores Calviño, Dolores Trabada, Chicharra Patiño, Cándida Otero, Isabel Barreto e Mª Victoria Moreno. Logo terán que cubrir a ficha técnica de cada unha delas.

Outra das propostas é que sexan deseñadoras e deseñadores de moda onde propoñen o seu modelo de roupa feminina do 2026. Para iso poden inspirarse na carteleira da evolución da moda feminina dos anos 20 ata o 2000 que está no corredor das escaleiras.

Ata a próxima!


OBRADOIRO para as familias: A forza da risa!

 Ola a tod@s!


O pasado mércores, no CEIP de Ponte Sampaio puidemos contar con Baia Fernández, grazas a colaboración coa ANPA. Nesta ocasión con outros destinatarios: as familias.

O obradoiro tiña por título A forza da risa: saúde, conexión e benestar. Unha charla obradoiro onde puidemos conectar co noso interior e ver os grandes beneficios que ten a risa e o noso benestar.

Ademais para facilitar a conciliación familiar levouse a cabo unha sesión de cine organizada polo alumnado de 6º. 



Grazas a todas as familias por participar!

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: O espello de Claude!

 Ola de novo blogueiros e blogueiras!!

Nesta ocasión @s nos@s protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP de Ponte Sampaio.

O pasado martes, comezaron o laboratorio de Fotografía "O espello de Claude" con Fuco Reyes, dentro das actividades de AFundación. Esta actividade conta con 5 sesións no propio cole e ten como obxectivo explorar desde a fotografía aspectos clave na etapa da adolescencia como construcción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación.


Este é un pequeno anticipo! Xa vos vamos contando os nosos resultados!

Ata a próxima!