venres, 27 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DAS EMOCIÓNS CON Baia!

 Ola!

Continuamos cos obradoiros sobre as emocións, que estamos a realizar con Baia Fernández. Nesta ocasión comezamos co alumnado de Ed. Infantil de Ponte Samapaio. Para iso fixeron varias dinámicas nas que puidemos experimentar a través da música e da expresión artística diferentes emocións:



Logo continuamos coas sesións do alumnado de 1º e 2º que puido coñecer unha nova emoción; a rabia, cerrando así o bloque de emocións amigas.



Grazas a tod@s!


OBRADOIRO DE GALLETAS

 Ola de novo blogueiros e blogueiras,

Nesta ocasión, quermos contarvos o novo obradoiro que fixemos na aula de PT co alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio. A idea partiu dunha receita proporcionada por unhas alumnas do 6º curso, a compra realizarona un alumno e unha alumna deste mesmo curso e finalmente puxémola en marcha para dar a probar esas galletas ao resto dos compañeiros e compañeiras. 

A partir deste tipo de actividades podemos traballar moitas cousas e dun xeito mais competencial (texto instructivo e as súas características, cantidades, unidades de medida, competencias para a vida cotía: manexo do diñeiro, ir a compra, seguir instruccións, elaboración da receita, manexo dos utensilios de cociña ...) e ao mesmo tempo é unha fantástica ocasión para aprender!

Grazas pola vosa proposta!

luns, 23 de febreiro de 2026

OBRADOIRO Emocións Amigas

Ola bloguieros e blogueiras,

O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria está realizando uns obradoiros impartidos por Baia Fernández de la Torre baixo o título de "Emocións amigas", onde nos presentará as emocións: o medo, a tristeza e a rabia.

Na primeira sesión o alumnado coñeceu O MEDO. A continuación tedes unha pequena mostra das diferentes dinámicas que se levaron a cabo:

Na segunda sesión foi a quenda da TRISTEZA, na que tamén puidemos experimentar esta emoción e como poder xestionala.


Presentamos e reflexionamos sobre a emoción:

A continuación podedes vernos facendo unha pausa activa para captar de novo a atención:


Fixemos unha dinámica na que tivemos que sentir a perda do noso:



Con esa "perda do noso" tamén creamos outras oportunidades que nos axudaron a saír adiante:


Grazas a tod@s por participar e a Baia por achegarnos dun xeito tan vivencial algo tan complexo como son as emocións!!





martes, 3 de febreiro de 2026

Celebración Día da Paz

Ola blogueiros e blogueiras,

Durante a semana pasada, no CEIP de Ponte Sampaio, estivemos traballando máis a fondo aspectos relacionados coa celebración do Día Internacional da Paz e non violencia. Para iso fixéronse diferentes actividades: preparación dun stand con propostas da biblioteca para ler; decoración dos corredores; preparación do mural; lecturas comprensivas sobre a solidaridade, tolerancia... así como xogos propostos dende o o equipo TIC.



Estaba tamén preparada unha Andaina Artística e Solidaria pero por condicións climáticas non puidemos facela, queda pendente de fixar data. 

O que si puidemos celebrar o venres, 30 de xaneiro, un ano máis un guiño a unha convivencia pacífica. Para iso, o alumnado de 6º fixo a apertura do acto, lendo un manifesto. Continuamos cantando e bailando a canción elexida (Heal the world - de Michael Jackson). Así mesmo, tamén se fixo a recaudación solidaria a favor de Save the Children destinado aos programas de educación e nutrición desta asociación. GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COLABORAR!!

                  

Así mesmo, aproveitamos para que o noso mural tivera unha técnica artística, nesta ocasión baseada na técnica mosaico de Xulio Ferreiro, aquí podedes ver unha noticia onde vos fala deste artista. E nesta ocasión fixemos unha especial mención para María Corina Machado, galardoada polo premio da Paz 2025.

Tedes máis información no noso instangram do cole.

Grazas a todos e a todas por participar!