Moi boas blogueiros e blogueiras!
Como anticipo das actividades encadradas dentro da celebración do 8 M, hoxe o alumnado de 6º de Primaria, estivo facendo unha dinámica do Proxecto Benquerer da Fundación Meniños, no que están participando.
Nesta ocasión, sobre estereotipos de xénero, onde tiveron que adiviñar se era unha muller ou un home o que estaba detrás de cada identidade proposta relacionada con figuras destacadas da ciencia e a informática. Resistiuse un pouco a abrir a porta que lles daba acceso a aula pero finalmente conseguírono.
A continuación, mostramos unha pequena mostra da actividade:
Ata a próxima!!