Ola a tod@s
Co motivo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade (3 de decembro) queremos propoñervos unha cartelera de cine un tanto especial!! Agardamos que vos guste!!
Animádevos e deixade os vosos comentarios!!
As mestras de PT e AL do CEIP de PONTE SAMPAIO crean este espazo para traballar con actividades máis específicas para o seu alumnado.
Ola a tod@s
Co motivo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade (3 de decembro) queremos propoñervos unha cartelera de cine un tanto especial!! Agardamos que vos guste!!
Como estades blogueiros e bloqueiras?
Tal e como vos anticipabamos na anterior entrada, con motivo do 25 N, estivemos traballando o conto de Pepuka y el moutro que se llevó su sonrisa. Nesta ocasión as voluntarias e voluntarios da biblio leron o conto aos seus compañeiros e compañeiras e posteriormente se traballaron de diferentes maneiras nas clases para finalmente baixo o lema Que non nos quiten o sonriso, facer unha recollida de sorisos para volverlle o soriso a todas as Pepukas, porque como nos ensinaron no conto o máis importante é querernos primeiro a nós mesmas e mesmos!!
Ola a tod@s
Nesta ocasión falaremos dun conto co cal celebraremos o 25 N, Pepuka y el moustruo que se llevó su sonrisa. Un conto co cal vos invitamos a disfrutar e a reflexionar. Se pinchades na imaxe teredes máis información do movemento Pepuka. Agardamos que vos guste!!
OLA!!
Durante o mes de outubro estreamos os RECREOS CHEOS DE VIDA cos clubs renovados e con moita ilusión. Nesta ocasión, contamos co club de maxia, axedrez, baile, xogos e MAL (Manualidades, arte e lettering)😉
As voluntarias e voluntarios dos obradoiros sorprenderónnos con varias novidades: carnés de maga, xogos musicais, torneo de axedrez, fusión de manualidades, lettering e arte...
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos Recreos Cheos de Vida. Agardamos que o desfrutedes!!
Grazas pola vosa implicación e participación!!