Hoxe traemos un xogo, moi de moda, Wordle.
Quedaba pendente esta publicación, recomendada pola mestra Cata, xa fai un tempiño 🙃.
Wordle é un xogo que cada día reta a adiviñar unha palabra, de 5 letras. Ten un formato de crucigrama e nel, tes que adiviñar unha palabra cun máximo de 6 intentos.
Wordle é un proxecto creado por Josh Wardle, enxeñeiro de Reddit. Foi adaptado ao castelán por Daniel Rodríguez.
A XOGAR! PREME NA IMAXE INFERIOR, CADA DÍA.
Deixamos un enlace onde explican como xogar a Wordle de días anteriores.