Este domingo, 8
de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. O CEIP de Ponte Sampaio con
este motivo comezamos esta semana con varias actividades baseándonos na web do gris ao violeta.
A partir das
biografías do mural 8M do corredor, poñeremos ao alumando a investigar sobre
diferentes mulleres de Pontevedra: Mercedes Ruibal, Dolores Calviño, Dolores
Trabada, Chicharra Patiño, Cándida Otero, Isabel Barreto e Mª Victoria Moreno. Logo
terán que cubrir a ficha técnica de cada unha delas.
Outra das propostas
é que sexan deseñadoras e deseñadores de moda onde propoñen o seu modelo de
roupa feminina do 2026. Para iso poden inspirarse na carteleira da evolución da
moda feminina dos anos 20 ata o 2000 que está no corredor das escaleiras.
Ata a próxima!
























